Seguridade
A seguridade é de moitísima importancia na programación de Hourglass. Tódalas comunicacións a/desde Hourglass están encriptadas, así como tódolos datos en estado estático. O sistema está hospedado nun servidor redundante dedicado a Hourglass e fanse copias de seguridade a miúdo.
Encriptación de extremo a extremo
A encriptación de extremo a extremo (E2E) é unha función avanzada. Aínda que tódolos datos gardados en Houglass están encriptados (tanto en tránsito como en estado estático), a encriptación E2E engade outra capa de seguridade, garantizando que os datos persoais, como os nomes, as datas de nacemento, os enderezos, os números de teléfono etc., están encriptados cunha clave que só as persoas autorizadas da congregación poden obter. Os servidores e os administradores de Hourglass non poden desencriptar esa información.